Solarpunk: apuntes para un manifesto

Resulta difícil para nós, futuristas de menos de 30 anos de idade dende que pasamos os filtros dos sistemas educativos dos nosos países, absorbemos as influencias de organizacións a prol de políticas de cambio globais e as charlas TED, até o consumismo verde de perfecto deseño artístico e a as ONGs do desenvolvemento sostible. Sen embargo, tamén medramos coas prediccións apocalípticas que tiñan que alcanzarnos antes das nosas supostas idades de xubilación; coa lenta pero imparable militarización dos corpos urbanos policíais, có fracaso da actual orde política para enfrontar a ameaza esencial, pero aínda non urxente, do cambio climático.

Moitas de nós sentimos que non é ético traer crianzas a un mundo coma o noso. Crecemos baixo unha sombra, e se as veces parecemos fungos, debe ser interpretado coma unha mostra de adaptación.

Somos solarpunks porque as únicas opcións que temos son a negación ou a desesperación.

As promesas que a maioría de seguidoras da singularidade e o transhumanismo son individualistas e insostibles: ¿Cántas delas visualizaron un mundo onde a enerxía non é barata nin abundante, por non falar xa da escasez dos elementos químicos raros existentes no noso planeta?

O solarpunk busca maneiras de facer a vida máis maravillosa para nós no momento presente e, ainda máis importante, para as xeracións que seguen, é dicir, extender a vida humana a nivel de especie, no canto de facelo individualmente. O noso futuro debe consistir en reorientar e crear cousas novas a partir do que xa temos (en lugar de “destruilo todo e construir algo completamente diferente”, o modernismo do siglo XX). O noso futurismo non é nihilista coma o ciberpunk e fuxe das tendencias casi reaccionarias do steampunk: trátase de enxenio, xeratividade, independencia e comunidade.

E sí, hai un elemento punk ahí, e non só por ser un sufixo de moda. Hai unha compoñente de oposición no solarpunk, pero trátase dunha oposición que comeza coa infraestrutura como forma de resistencia. Xa o estamos a ver nos esforzos das administracións públicas ao abordar o auxe de paneis de enerxía solar sobre os tellados. “Abordar a xestión da infraestrutura é unha protección do ben público fronte ás vontades egoistas individuais”, dixo Chokwe Lumumba, o defunto alcalde de Jackson, Misisipi, e tiña razón. É verdade que hai bos argumentos para ter unha rede, e non queremos que esta desapareza, pero unha das cousas saudables da resiliencia local é que nos sitúa nunha posición de vantaxe para a negociación fronte a quenes poderían desexar cerrar o camiño (estamos pendentes de ti, Detroit).

O solarpunk basease no ideal de granxeira e pequena propietaria de Thomas Jefferson, o ideal do swadeshi de Ghandi coa sua Marcha do Sal [ver nota 3] e outras innumerables tradicións de disidencia innovadora. Por se vale de algo decilo, tanto Jefferson coma Ghandi foron inventores.

A estética solarpunk é aberta e evolutiva. Tal e como a podemos entender neste momento, é unha mestura de:

  • A idade dourada decimonónica da navegación a vela e a vida fronteiriza (pero con máis bicicletas).
  • Reutilización creativa das infraestruturas existentes (as veces post-apoliptica, as veces estrañamente contemporanea).
  • Innovación ao estilo jugaad [ver nota 1] dende os paises en vías de desenvolvemento.
  • Backends [ver nota 2] de alta tecnoloxía con propostas elegantes e sinxelas.

Obviamente, canto máis lonxe nos introduzamos na especulación sobre o futuro, máis ambiciosos podemos chegar a ser. A longo prazo, o solarpunk toma as imaxes coas que temos sido alimentados nos blogues de cores verdes brillantes, e agrandaas, levaas máis lonxe e profundiza máis e máis nelas. Imaxina a permacultura pensando en termos e tempos da construcción de catedrais. Trata de visualizar a vida dunha funcionaria dun Departamento de Recuperación, nun case despoboado suroeste de EEUU, dirixindo un deposito de almacenamento de auga extraida mediante bombas por enerxía solar. Imaxina as “cidades intelixentes” convertidas nun vertedoiro de chatarra en prol dunha “cidadanía intelixente”.

Tumblr quedou prendado pouco antes deste texto con este post que imaxinaba unha forma de “punk solar” cunha estética modernista de xardín eduardiano, preciosa e que lembra a Miyazaki. Hai algo engaiolador na forma en que reacciona contra as visións mainstream dos futuros de Apple, que son demasiado modernos, limpos e suaves. O solarpunk é un futuro cunha face humana e suciedade tras das orellas.

Solarpunk-punk1

Ilustracións cortesía de Olivia/Land of Masks and Jewels. Visita os post sobre solarpunk no Tumblr de Olivia, ten uns maravillosos traballos de ilustración e algunhas interesantes reflexións sobre o concepto.

[Tradución da publicación orixinal na web Hieroglyph que podes atopar en castelán no blogue El Ojo de Uk]

Notas da tradución:

  1. Jugaad é unha palabra coloquial en hindi e punjabí, que ten varios significados según o contexto. Nunha traducción aproximada, Jugaad é un “hackeo“. Tamén podería referirse a unha forma de reparación innovadora ou simplemente a unha solución, a unha solución que manipula as normas convencionais, ou a un recurso que se utilice dunha forma diferente á establecida ou regulada. Tamén empregase con frecuencia para expresar creatividade en canto habilidade de facer que as cousas xa existentes funcionen ou para crear cousas ou funcións novas con recursos escasos.
  2. Backends, se non me equivoco, coido que podese traducir, xenéricamente, como a interfaz de administración de calquera sistema tecnolóxico ou informático.
  3. Swadeshi foi a estratexia de autosuficiencia económica que levou a India cara a independencia do Imperio Británico.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s