Cando o servizo público convértese en molestia pagada con impostos

O venres 12 de abril, acudiron da empresa BELFOGA por solicitude dunha veciña por unha avaría diante da sua casa. Cando a buscaban, atoparon outra farola que non funcionaba diante da miña. Procederon a reparar esta última. Por duas ocasións solicitei que a deixaran como estaba salvo que a pedira alguen (insistín en todo momento nesto). Parece ser que ninguén a pediu e levaba meses sen funcionar. Os técnicos, sen embargo, continuaron a instalar a luz, contestando un deles, bastante «acelerado», de malas formas e argumentando estupideces.

Durante os días seguintes até hoxe, contactei varias veces có concello e tentei facelo cos empresa (que só contestaron nunha ocasión sen resolver nada). Na primeira delas, resulta que non se tomou nota da solicitude e a queixa (non sei quen é o funcionario que atende o teléfono). Na terceira contáronme que a empresa traballa só venres e sábado.

Hoxe chamei outra vez pero por outro asunto, descubrín que hai dous anos foi a pala do concello quén arrasou un socalco da miña propiedade, usando a pedra para facer un camiño e roubando uns 40 metros cuadrados do meu terreo, convertendo un antigo camiño con muros de pedra aos lados, nunha pista  case de ancho forestal. Nesta última chamada, volvín a lembrarlles o asunto da farola, xa que, se non se atende mañá sábado, serán xa duas semanas as que teño que soportar a contaminación lumínica, o derroche innecesario de material e a habitual intromisión de estúpidos e maleducados que confunden servizo público con molestia na miña vida e propiedades pagada con cartos de todos.

Killdozer no santoral.

Deja un comentario