Qué quere o tolo ese?

Venres, 12 de outubro, a primeira hora da tarde.

Acabo de ter un incidente que creo que alguén entenderá. Farola pública diante da miña casa. Camiño público pero que remata ahí. Leva meses estropeada. Eu encantado, sóbranme 3 ou 4 máis ou todas pero hai veciños que lexítimamente as precisan ou as consideran necesarias. Veñen arreglar uns fulanos pero por outra farola distinta pola que chamou unha veciña. Aínda así, póñense a arreglar esta. Dígolles que se non a pediu ninguén, que por min prefiro que a deixen como está. Non fan caso. Entro na casa. Saio unha segunda vez e digo que se alguén a pediu que entón nada pero que se non a pediu ninguén, por favor, a deixen como está. Nin puto caso e un deles rosma algo de que «é un servizo público» e que lle «parece surrealista».

Logo chamei ao concello por se había alguén vivo (venres pola tarde) pero non. Comentando cunha veciña, di que é unha empresa que se chama BELFOGA. Busco teléfono. Chamo. Tras varios intentos, contestan. Conto a mesma milonga. Ten cojones que hai que explicar e xustificarse minino 5 minutos para que se entenda que un dereito non é unha obriga, que alguén pode dicir non a determinadas cousas porque considera que hai maior beneficio en non telas. A quén se lle ocorre? Que non ter algo material e mellor ca telo. Polo menos a muller que colleu o teléfono tivo a ben valorar o que eu dicía e respostar que iba ver se había solicitude ou non e se hai posibilidade de conceder o que eu pedía (non conceder algo non solicitado).

Se fora realmente práctico, non diría nin mu e reventaría a bombilla ao minuto de irse eles. Pero como podería conceder deixala se a pedira alguen, eso implica preguntar e delatarse.

Merda pa min. Moitos problemas me ten dado xa respetar as morais de merda alleas.

Sábado, 12 de abril, recén desperto e aínda na cama.

E ao final, o desexo inconfesable mesmo para min que nin o fixen de todo consciente e, por suposto, nin o mencionei, o máis dificilmente comprensible por todos estes burócratas e servos da gleba é: ao abrir a porta da miña casa ou asomarme á ventá non quero mirar abaixo e ver un puto cacho de asfalto iluminado, quero mirar arriba e ver as estrelas.

Bo día.

1 Comments

Deja un comentario