Qué quere o tolo ese? (2) Mirar as estrelas está moi ben PERO…

Xoves, 18 de abril, a farola segue ahí.

Acababa a primeira parte deste explicar con un chispún en principio romántico esteticista e aparentemente moi pouco pragmático:

E ao final, o desexo inconfesable mesmo para min que nin o fixen de todo consciente e, por suposto, nin o mencionei, o máis dificilmente comprensible por todos estes burócratas e servos da gleba é: ao abrir a porta da miña casa ou asomarme á ventá non quero mirar abaixo e ver un puto cacho de asfalto iluminado, quero mirar arriba e ver as estrelas.

A realidade é absolutamente a oposta. É a cultura convencional a que nos levou a pensar que o natural-insintivo, libre de trampas e construcións sociais alienantes, é o que está mal. Hai unhas décadas que existe este fenómeno social xeralizado que costa traballo crer que estea a pasar. Pódese resumir así: é preciso explicar e razonar con extensión e profundidade, mesmo citando autores e estudos científicos, cousas que deberían ser obvias en sí mesmas. É un pouco a versión cultural do problema do lawfare ou guerras xurídicas en política. Na guerra xurídica se instrumentaliza o sistema xudicial con fins de boicot e propaganda en contra de governos lexítimos. No caso que nos ocupa, hai unha esixencia de tomar conciencia e razoar procesos totalmente instintivos e naturais, sendo invalidados se non son defendidos correctamente polos criterios de quenes atacan e chegando a perder o dereito a ese procesos. Hai que meterse nunha trifulca desgastante de argumentos e investigación para defender obviedades.

«Mirar as estrelas» queda que te cagas como chispún final do texto que precede a este máis é unha desas obviedades que os indocumentados e tocaguevos de turno aproveitan para burlarse e exercer de garrulos. Ben, argumentemos entón para ver se calan os necios.

O deslumbramento é algo molesto cando tratas de ver na escuridade. As farolas neste contexto cubren un área útil concreta pero o deslumbramento do foco de luz chega moito máis lonxe. Se estou na miña propiedade noutra zona escura pero o foco de luz está no campo de visión, este provoca deslumbramento que impide que a miña vista se adapte para ver na zona na que estou.

En termos xerais, igual que a miopía, a dificultade para ver lonxe, pode compensarse, polo menos parcialmente, exercitando a vista precisamente con esa actividade, pasa o meso coa capacidade de visión nocturna. A maior entrenamento da visión na escuridade, maior capacidade teremos para usala.

A nivel xeral de saúde, hoxe en día sabemos que as comodidades da «vida moderna» provocan máis problemas de saúde dos que pensamos. Persoalmente, penso que chegamos a un punto da historia en que probablemente, polo menos en certos eidos, o «progreso» é contraproducente. Podo citar exemplos até fartar pero só vou mencionar uns poucos relacionados có meu contexto actual.

Moitos sorprenden que use habitualmente gadaña e fouciño para desbrozar. Como xa dixen ao principio, teñen que explicarse unha serie de obviedades concatenadas para que o interlocutor estrañado poida quedar satisfeito… ou non.

En primeiro lugar, onde máis desbroce teño que facer é nas proximidades da casa, fundamentalmente pola prevención contra incendios que na lei correspodente fala de 50 metros en torno aos núcleos de poboación. As especies vexetais pirofilas, é dicir, as que teñen as características que as fan perigosas en canto a transmisión do lume, non están moi presentes arredor da casa máis que nun par de puntos. As especies en cuestión están listadas na lei de prevención contra incendios de Galicia e penso que é unha lista razoable que entendo que virá dalgún lado e tera unha lóxica detrás. Non entro a valorala porque non precisei facelo. Esa lista ten, insisto, unhas especies concretas que, a efectos prácticos e no meu caso veñen a ser silvas e un tipo concreto de fentos. O que fai case todo o mundo é coller a desbrozadora a gasolina é arrasar durante un par de horas cós 50 metros arredor da casa, facendo un ruido do inferno, con toda especie herbacea e arbustiva que existe sen distinguir nin entender usos e funcións das mesmas ou nin sequeraa se poden ser útiles para a propia prevención de incendios.

Despois, teño un segundo argumento que ten que ver có menosprezo polo traballo físico. Cando alguén me pregunta porque uso gadaña, fouciño, serra, etc e non uso desbrozadora ou motoserra, eu resposto que desta forma non teño que pagar ximnasio. A mirada de volta anda perto de significar «este fulano está mal da cabeza» e verbalmente pode ser «pois eu non me canso sen necesidade». Persoalmente, non me canso de desfrutar da actividade física e natural do meu corpo senon de aturar ruidos continuados de motores e vibracións intensas nas articulacións. Teño que facer case sempre unha aclaración extra: eu non teño necesidade nin obriga de realizar este traballo desta forma todos os días nunha xornada laboral e sobre grandes extensións de terreos. Non entro xa na cuestión máis xeral do traballo especializado, a que responde na economía dunha sociedade tecnolóxica moderna e os efectos que teña sobre a saúde.

Outro exemplo non normativo que enfronta os valores e ideas sobre confortabilidade e saúde da sociedade é a exposición ao frío e o sol. Penso que unha idea que tiven hai anos resume ben o que penso: teño a impresión de que, sen tratarse de temperaturas excesivamente baixas, a actividade física é abonda para manter a calor do corpo e só é preciso abrigo se estamos en repouso ou durmindo. Thoreau dicía aquelo de que a leña quenta duas veces: cando a cortas e cando a queimas.

Ao pouco de chegar aquí, xa fóra de confinamentos pero aínda en plena pandemia,saía a correr un par de veces por semana. O meu razoamento penso que é comprensible, estábamos falando dunha enfermidade de contaxio aereo e efectos sobre as vías respiratorias e eu decidín fortalecer o meu sistema cardio-respiratorio. Dous veciños, dous comentarios. Un que coñecía a un fulano que tamén corría e morreu dun infarto cando o facía. Outra que que frío ir en pantalón corto en inverno. Non teño que comentar eu nada, ou?

Máis aló dos meus razoamentos e argumentos de saúde, hai uns factores xurídicos, políticos e económicos. Un coñecido meu reaccionaba ao primeiro texto dicindo «A farola e asfaltar a pista, as veces son o único recurso electoral no rural». Hai varios elementos aquí, vamos por partes.

Neste caso hai probablemente unha zona gris. Por unha parte estamos a falar dunha vía pública que podemos entender que existe obriga para o concello e dereito para os cidadáns de iluminar. Podemos ou non. Se estiveramos nunha cidade, sería máis obvio que sí, neste caso, vivimos no rural galego onde… depende. Depende, básicamente, de que o pida alguén. Supoño que tamén de que habite temporal ou continuadamente a zona a iluminar. Depende porque o punto de iluminación probablemente apenas dea servizo aos habitantes da casa que o ten diante e pouco máis.

Entramos na peculiaridade xeo e demográfica de Galicia coa sua dispersión da poboación e núcleos, xunto ao despoboamento xeral. Temos entón necesidades de moitos focos de iluminación que precisan unha extensión da infraestrutura máis ampla do normal para unha poboación moi pequena e dispersa encarecendo un servizo que noutras condicións de poboación concentrada sería insignificante en canto a costes e tarefas de instalación e mantemento. Menciono esta peculiariade porque entendo que converte a obriga do concello e dereito do cidadán da iluminación das vías públicas en algo «opcional» e non en algo «automático» ou «de oficio».

No meu caso concreto, o punto de luz está ao final dun camiño público, o que da aceso á miña casa. Camiño e punto de luz dan servizo tamén ao aceso a unha parcela dun veciño meu. Hai que mencionar o dato de que durante os meses que estivo o punto de luz sen repoñer, ninguén o solicitou, algo lóxico se temos en conta que só se emprega o aceso de día e puntualmente. Xa expliquei na primeira parte que a miña solicitude de eliminar o punto de luz está condicionada desde o primeiro momento a que ninguén o precise e solicite.

Tamén hai que mencionar outra peculiariade do punto de luz. Está colocado ao final do camiño e nunha esquina dunha edificación da miña propiedade e á altura da primeira planta. Esto supón que ilumina non só o camiño senón sobre todo unha boa parte de miña propiedade arredor da miña casa, causando, como xa expliquei, non servizo senon molestia.

Quero retomar o comentario «A farola e asfaltar a pista, as veces son o único recurso electoral no rural». Esto foi certo pero se continúa a selo, é un resto dunha época de escasez e pobreza. A rede eléctrica hoxe chega a todas partes. É certo que na miña zona sufrimos cortes con frecuencia cada vez que hai algunha borrasca medio forte e chegamos a botar o día enteiro sen suministro pero a rede existe. Por outra banda, os sistemas de iluminación son moitísimo máis potentes e baratos tamén no que respecta ao consumo, dispoñemos de moita máis luz por menos potencia para producila e todo máis barato. Quero dicir con esto que instalar un punto de luz propio, que esté baixo o control da persoa e xestionado según a súa necesidade, non supón unhas terribles e inalcanzables inversións e gastos. Durante décadas, ter electricidade era un luxo e ter un punto de luz pagado pola administración un privilexio. Xa non. Ou polo menos, non de momento, pero esa é outra historia.

Mentres no concello de Ourol os sistemas de iluminación viaria semellan continuar sendo bastante tradicionais no sentido da eficiencia enerxética, no veciño concello de Muras non só se preocupan pola de contaminación lumínica senon que sacan proveito económico dela. Muras pertence á rede acreditada da Fundación Starlight, que ten como obxectivos «a protección do ceo nocturno, a difusión cultural da astronomía e o desenvolvemento económico local sostible a través do astroturismo». Non serei eu quen apoie a causa do turismo có coñecemento que teño das desgracias do turismo masivo e a xentrificación. Menciono o anterior para sinalar que a redución da contaminación lumínica e o coidado do ceo nocturno é un ben en sí mesmo.

Mentres na cultura e imaxinario dalgunha xente non ter un punto de luz municipal é inconcebible e un atraso digno de tempos de fame e pobreza materiais, hoxe en día moita xente sabemos que nin o «progreso» é bo porque sí en calquera forma nin a visión das estrelas é un entretemento infantil e romántico sen máis. Hai unha cuestión xeracional de cambio de valores e referencias, probablemente produto da incomunicación entre os puntos de vista que, sorprendentemente polo menos para min, pode chegar a crispar visceralmente. Abstraendo, penso que se confrontan duas culturas: unha que fala ou da fuxida da terra ou da dominación da mesma, fuxir ou agredir, negar en calquera caso; outra que fala de voltar e reconciliarse con ela. Non deixa de ser a mesma confrontación entre a natureza humana coherente có medio e a cultura da modernidade orientada á alienación de sí mesma a través da tecnociencia desenvolta ao extremo polo capitalismo neoliberal.

Deja un comentario